miércoles, 27 de enero de 2016

VENRES 29 - LOS EXILIADOS ROMÁNTICOS

VENRES 29 DE XANEIRO
LOS EXILIADOS ROMÁNTICOS
Título orixinal: Los Exiliados Románticos

Duración: 70’
Ano: 2015
País: España

SINOPSE
Tres amigos emprenden unha viaxe sen motivo aparente, tan só buscando amores idílicos e á vez efémeros, coa única misión de sorprenderse a si mesmos e seguir a sentirse vivos.
Algúns poderían dicir que se trata de queimar as derradeiras naves da xuventude, mentres que outros falarán da decadencia do xénero masculino.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Jonás Trueba
Guión: Jonás Trueba
Produción: Los Ilusos Films
Dirección de Fotografía: Santiago Racaj 
Deseño de Produción: Miguel Ángel Rebollo
Montaxe: Marta Velasco
Música: Tulsa

Galardóns:
·   Festival de Málaga 2015: Premio Especial do Xurado e Mellor Música


FICHA  ARTÍSTICA
Vito Sanz
 Renata Antonante
 Francesco Carril
 Isabelle Stoffel
 Luís E. Parés
 Vahina Giocante
 Miren Iza
 Sigfrid Monleón

O director, Jonás Trueba (1981, Madrid, España)
Fillo de Fernando Trueba e Cristina Huete, comeza no mundo do cine coma guionista, participando en varias películas, entre elas El baile de la victoria (2009), guión polo que foi nominado ao Goya aoMellor Guión Adaptado. Posteriormente, escribiu e dirixiu as longametraxes Todas las canciones hablan de mí (2010), pola que foi nominado ao Goya ao Mellor Director Revelación, e Los ilusos (2013).

É tamén autor do libro Las ilusiones (editorial Periférica) e traballou esporadicamente coma editor de libros de cine para a editorial Plot. Colabora en diversos medios de comunicación  e escribe sobre cine no blog de cine de El Mundo (El viento sopla donde quiere).
Compaxina a dirección coa docencia universataria como profesor de Dirección Cinematográfica.
Críticas
 
 “Os 70 minutos fánseme curtos (…) recoñezo na forma de contar o espírito dun cine distante (…) E revela amor cara ao que está facendo.” (Carlos Boyero, El País)

“A película ofrécese coma unha puntual descrición dunha gadoupada ao tempo, ao verán, á xuventude, e xa postos, á propia vida. Ao amor.” (Luís Martínez, El Mundo)

“Película contada con tal vitalidade que nos fai crer na felicidade e na infantil camaradería do baño nun lago.” (Sergi Sánchez, Fotogramas) 

lunes, 18 de enero de 2016

Venres 22 de xaneiro: The Imitation Game

VENRES 22 DE XANEIRO
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
ÁS 20:00 EN ESPAÑOL E ÁS 22:30 EN INGLÉS SUBTITULADO EN ESPAÑOL (VOS)

Duración: 114’
Ano: 2014

País: Reino Unido e EEUU

SINOPSE
A historia do matemático británico Alan Turing, quen liderando un heteroxéneo grupo de académicos, lingüistas, campións de xadrez e oficiais de intelixencia, tentan descifrar o código da inquebrantable máquina Enigma dos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial.

Un retrato intenso e inesquecible dun home brillante e complicado, que anos despois caería en desgraza a pesar dos servizos prestados ao seu país e aos Aliados.


TRÁILER EN ESPAÑOL

Galardóns:
·   Premios Oscar 2014: Mellor Guión Adaptado
·   Festival de Toronto 2014: Mellor Película (Premio do Público)

TRÁILER EN VOS
FICHA TÉCNICA

Dirección: Morten Tyldum
Guión: Graham Moore, segundo o libro de Andrew Hodges
Produción: Nora Grossman, Ido Ostrowsky e Teddy Schwarzman
Dirección de Fotografía: Oscar Faura
Deseño de Produción: Maria Djurkovic
Montaxe: William Goldberg
Música: Alexandre Desplat



FICHA ARTÍSTICA
Benedict Cumberbatch
Keira Knightley
Matthew Goode
Rory Kinnear
Allen Leech
Matthew Beard
Charles Dance
Mark Strong

O director, Morten Tyldum (1967, Noruega)
Morten Tyldum
Educado na Escola de Artes Visuais de Nova York, orixinalmente quería ser músico, pero abandonou a súa ambición entrando na escola de cine. Comezou dirixindo anuncios de televisión e vídeos musicais, e posteriormente diversos capítulos para series de TV, así coma curtametraxes.
O seu debut na gran pantalla prodúcese con Buddy (2003) obtendo gran éxito en Noruega. Non é ata 2011, con Headhunters que consegue ir máis aló das fronteiras do seu país, e certo recoñecemento a nivel internacional, o que lle permite dirixir a súa primeira longametraxe fora de Noruega, e en lingua inglesa: The Imitation Game, coa que acada un éxito a nivel mundial e ata 8 nominacións aos premios Oscar.
Críticas
 “A película non fala do enigma que é o ser humano: fala de cómo este vese obrigado a cifrar os seus sentimentos e personalidade como defensa ante o poder.” 
(Fausto Fernández, Fotogramas)
“Non é só a narración do proceso de investigación de Turing e o seu equipo (…) senón que tras esa investigación atópase o retrato dun home e dunha época chea de contradicións.” (Israel Paredes Badía, Dirigido por…)
“A principal forza da película é Benedict Cumberbatch, un actor cun talento que brilla aquí nas súas cotas máis altas. Unha actuación explosiva emocionalmente complexa” 
(Peter Travers, Rolling Stone) 


E a próxima sesión: Los exiliados románticos 
(Jonás Trueba, 2015)

domingo, 10 de enero de 2016

Venres 15 (Cine: Jauja) e Sabado 16 (Teatro: Falándolle a un espello)

VENRES 15 DE XANEIRO: JAUJA


Título orixinal: Jauja
Duración: 101’
Ano: 2014
País: Arxentina – Dinamarca – Francia - México

SINOPSE

A historia dun pai, Gunnar, e dunha filla, Ingeborg, que viaxan dende Dinamarca ata a Patagonia, ata un deserto nos confíns da civilización.
A intención de Gunnar é entrar no exército arxentino, pero cando a súa filla escapa cun soldado local, o pai deberá ir máis aló das liñas inimigas para atopala. 

FICHA TÉCNICA
Dirección: Lisandro Alonso
Guión: Lisandro Alonso e Fabián Casas
Produción: Ilse Hughan, Andy Kleinman, Viggo Mortensen, Sylvie Pialat, Jaime Romandia e Helle Ulsteen
Dirección de Fotografía: Timo Salminen
Deseño de Produción: Sebastian Roses
Montaxe: Gonzalo del Val e Natalia López
Música: Viggo Mortensen


FICHA  ARTÍSTICA
Viggo Mortensen
Diego Roman
Ghita Norby
Mariano Arce
Villbjork Malling Agger
Misael Saavedra
Adrián Fondari
Angela Wrinkler

Galardóns:
·   Festival de Cannes 2014: Premio FRIPESCI Un Certain Regard



O director, Lisandro Alonso (1975, Bos Aires, Arxentina)
Estudou na Fundación Universidad del Cine, en Bos Aires. Traballou coma produtor e axudante de dirección antes de pasar á dirección. Dos en la vereda (1995) foi o seu debut nas curtametraxes. La libertad (2001), o seu primeiro filme, do que tamén escribiu o guión, como fará a partir de entón en tódalas súas longametraxes.
Los muertos (2004) e Liverpool (2008) foron seleccionadas para o Festival internacional de Toronto.
Tanto nelas como en Fantasma (2006) ou na súa última produción ata o momento, Jauja (2014), amosa un cine de formulacións radicais e sen concesións ao cine entendido coma produto. As secuencias, con planos fixos, ritmo emocional e de carácter intimista son cualidades que permiten participar ao espectador e recoñecer a identidade humana dos seus personaxes, que vagan pola paisaxe na busca de sentido ás súas vidas.

 “Lisandro Alonso ofrece unha das máis suxestivas, elípticas e apaixonantes citas do ano (…) Unha película moi cerca da obra mestra.” (Luís Martínez, El Mundo)
“A película de Lisandro Alonso máis ambiciosa,complexa e rica ata o de agora (…) Un paradoxo sobresaínte: película única e múltiple.” (Jordi Costa, El País)
“Máis que unha película, unha experiencia sensorial de hipnótica beleza e árida fascinación.” (Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)

VENRES 16 DE XANEIRO: 
FALÁNDOLLE A UN ESPELLO
Espectáculo 'Falándolle a un Espello', da compañía de teatro galega Producións Dispersas.
Un home descobre que é o único sobrevivente da fin do mundo. O planeta enteiro está a súa disposición! Un novo mundo só para el! Cheo de oportunidades e retos. Pronto as ausencias evidéncianse e as vellas rutinas substitúense por outras novas. Que facer? Onde ir? Que pasaría se alguén descubrise unha mañá que é o derradeiro habitante do planeta?

miércoles, 6 de enero de 2016

Los Hongos - 8 de xaneiro no Carballiño.

VENRES 08 XANEIRO
LOS HONGOS

Auditorio municipal de Carballiño
20:00 e 22:30
Idioma: español
Duración: 103
Ano: 2014
País: Colombia
Edad mínima recomendada: 12 anos




SINOPSE

Durante o día Roberto, fillo de María, unha mulata que veu da selva do pacífico, é un obreiro da construción, pero cada noite, tras o traballo, pinta grafitis en distintos muros do seu barrio de Cali.
Roberto non pode durmir polas noites e está comezando a soñar esperto, e María pensa que foi embruxado e rematará tolo.
Ademais, tras perder o seu traballo por roubar uns botes de pintura, os veciños xa están cansados das súas imaxes, pois pensan que promove malos modais. Xunto con Eduardo, outro grafiteiro estudante de Belas Artes, deambularán pola cidade, e coma dous fungos, contaminarán o seu entorno, esta vez de inmensa liberdade.

GALARDÓNS: 

Festival de Locarno 2014: Premio Especial do Xurado

FICHA TÉCNICA

Dirección: Óscar Ruiz Navia
Guión: César Augusto Azevedo e Óscar Ruiz Navia
Produción: Guillaume de Seille e Titus Kreyenberg
Dirección de Fotografía: Sofía Oggioni
Montaxe: Felipe Guerrero
Música: Zalama Crew, La llegada del dios rata e Sebastián Escofet



FICHA  ARTÍSTICA

Jovan Alexis Marquínez
Calvin Buenaventura
Gustavo Ruíz Montoya
Atala Estrada
María Elvira Solís

O director, Óscar Ruiz Navia

(Cali, Colombia, 1982)
Tras estudar na Escola de Cine da Universidade Nacional de Colombia graduouse como Comunicador Social na Universidade del Valle. En 2006 fundou Contravía Films, plataforma de experimentación na arte cinematográfica e de produción de cine independente. Con Contravía Films produciron varias curtametraxes a diversos directores. Foi tamén coordinador do Cineclube Cine de Autor na Fundación de Artes Visuales Lugar a Dudas.

Dirixiu as curtametraxes Tres libras: música para enfermos xunto a Mauricio Vergara y Luís Henao (2002); Sunrise xunto a William Vega (2003); Licuefacción xunto a Néstor Ríos (2008); Al vacío 1,2,3 (2006) e En la barra hay un Cerebro (2006), cos que foi seleccionado en varios festivais. No seu debut como director e produtor con El vuelco del cangrejo (2009), estivo no Toronto Film Festival; ademais do premio FIPRESCI no Festival de Cine de Berlin (Forum), recibiu outros 15 premios.

En 2014, estreou a súa segunda longametraxe, Los Hongos, proxecto que foi desenvolvido no Torino Film Lab, Buenos Aires Lab do Bafici e na Residencia da Cinefondation do Festival de Cannes.

Críticas

“Complexa, lúcida, enérxica e sen inxenuidades. Los Hongos resulta tan veraz ao retratar tanto o colectivo coma o íntimo.” (Jordi Costa, El País)

“A película avanza a tentas, cambia de humor repentinamente, coquetea co rexistro documental e volve a internarse na pura ficción  (...) e resérvase un final poético e de singular beleza pictórica.” (Alejandro Lingenti, La Nación)

“Película estraña, pero de innegable sedución.” (Gustavo Castagna, Tiempo Argentino)

E a próxima sesión: Jauja (Lisandro Alonso, 2014)

Únete ao noso grupo de teaming e colabora por tan só 1€ ao mes.
teaming.net/cineclubecarballino-grupo

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años