lunes, 6 de enero de 2014

Programación Xaneiro 2014

PROGRAMACIÓN XANEIRO 2014

Coma pretendemos convertir en costume, esta é a entrada coa información de tódalas pelis do mese dos bonos que tedes á vosa disposición. Se es novo por estes lares comentarche que prácticamente tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode estar ocupado con outra actividade desde finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir. Ti podes escoller a que máis che conveña:
  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que botemos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.
 As películas deste mes de Xaneiro son as seguintes.

Entreparadas (Venres 10) 

Caníbal (Venres 17)

Séptimo (Venres 24)

La vida de Adele (Venres 31)




ENTREPARADAS



Entreparadas é unha experiencia humana que pode suceder en calquera cidade do mundo. Conxuga teatro e inclusión social nun escenario diferente: o transporte colectivo de viaxeiros.
 
16 persoas forman un grupo teatral para este proxecto, no que se misturan experiencias persoais únicas e coa promoción dunha cidade cívica e educadora, neste caso a través de textos teatralizados da Xeración Nós.

No curto espazo de tempo entre parada e parada P(A)T Galicia propón unha invitación “pola convivencia, cara o respecto, pola igualdade, cara a tolerancia”....disfrutando xunt@s da viaxe.

Carlos é o sastre máis prestixioso de Granada, pero tamén un asesino na sombra. Non ten remordemento, nin culpa; ata que Nina aparece na súa vida. Por ela, coñece a verdadeira natureza dos seus actos e xorde, por primeira vez, o amor.

Carlos é o mal, inconsciente de si mesmo. Nina, a inocencia. E Caníbal a historia de amor dun demo.

SÉPTIMO

Un pai. Dous fillos. Un xogo: Ser o primeiro en alcanzar a rúa dende o sétimo piso do edificio no cal viven. Sebastian, o pai, empregando o ascensor, os nenos, Luca e Luna, polas escaleiras. Comeza a carreira: Mentras o pai chega ó portal en primeiro lugar, coma sempre, os nenos non aparecen desta vez. Desapareceron misteriosamente no interior do edificio sen deixar rastro. A partir de ahí, comeza a búsqueda frenética dun pai (Ricardo Darín) e dunha nai (Belén Rueda) para atopar os seus fillos. ¿Onde están? ¿Que lles ocurriu? ¿Por que a eles?


LA VIDA DE ADELE

Os seus 15 anos, Adele non ten dúbidas de que unha rapaza debe sair con rapaces. A súa vida cambiará para sempre cando coñeza a Emma, unha xoven de pelo azul, que lle descubrirá o que é o desexo e o camiño hacia a madurez. Así, Adele crecerá, buscárase a si mesma, perderase e reencontrarase...e todo baixo a atenta mirada de quen a rodea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años