miércoles, 8 de enero de 2014

ENTREPARADAS

entreparadas

Para todos os públicos
  62 MINUTOS
VENRES  10 DE xaneiro DE 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Entreparadas cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Jose, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provenientes de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros voluntarios/as). 
 
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: Aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada dos autobuses de mans dos 16 actores e actrices. A Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia  móstranos un proxecto solidario.


FICHA TÉCNICA

Dirección: Toño Chouza
Guión: Toño Chouza
Producción: P(A)T Galiza
Dirección de Fotografía: Pablo Chouza Deseño de Producción: María Liaño Montaxe: Toño Chouza e Jorge Coira
Música: Nico Casal e Sonoro Maxín
Título orixinal: Entreparadas
Duración: 62’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español e galego

Entreparadas // On the bus (trailer) from Toño Chouza on Vimeo.

O director, Toño Chouza

Licenciado en Dirección de Cine pola ESCAC (Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Cataluña) tras licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, completa a súa formación con diversos cursos e Clases Maxistrais impartidas por directores como David Trueba, George A. Romero ou Joe Dante. Director de comerciais para FOX TV, TCM ou Alain Afflelou, dirixiu tamén curtametraxes premiadas en certames como Curtas na Rede, FECIDISCOVI (Madrid), Minute Festival (Brasil) ou no European Microfilm FestivaL.

Galardóns

Mellor Película


Silvia Adán         Teresa Dasilva         Maguett Anne         Marisol Delgado    
     
 Felisa Nchama        José Manuel Prado       

Félix González       Sonia Ferro       Adrián Fernández    
   
 Natalia Salgado        José Pérez        Mª Mar Rodríguez     
      
Olga González      Eva María Salgado      Beatriz Docabo      Félix Estévez       

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años