jueves, 31 de enero de 2013

Curtametraxe 1 de Febreiro: Friendsheep


Antes das proxeccións de El Artista y la Modelo das 20:00 e 23:00 deste venres 1 de febreiro teredes a ocasión de ver a curtametraxe Friendsheep. É unha curtametraxe realizada na súa totalidade polos alumnos de PrimerFrame (http://www.primerframe.com), promoción de marzo de 2010.

Os creadores desta curtametraxe son:
Enrique F. Brull -- Rigging
Manuel Perez -- Efectos Especiales
Antonio Lasala -- Supervisor de Iluminacion y 3DFX
Juan De Dios Molina -- Rigging
Julián Antonio Lucas -- Animación / Diseño y Modelado de Personajes
Olga Agudo -- Iluminación / PostProducción
Antonio Alvarez -- Iluminación / Composición
Adolfo Aliaga -- Animación
Jose Manuel Moralo -- Animación
Samuel Rebull -- Animación
Carolina Martorell -- Modelado / Texturizado de Personajes
Laura Righetti -- Animación / Producción
Lorenzo Manuel -- Edición / Iluminación
Joan Gomar -- Animación
Katixa Pons -- Animación
Andrea Varriale -- Animación / Iluminación
Jordi Alonso -- Animación / Modelado
-
Jaime Maestro -- Director
Carlos Escutia -- Productor Ejecutivo
Ana Amat - Supervisora de Iluminación
Eduardo Olidén - Supervisor de Animación
Rubén Soler -- Coordinador de guión

Teaser Trailer de FriendSheep,

lunes, 28 de enero de 2013

El ARTISTA Y LA MODELO

El Artista y La Modelo
(Todos os públicos)
VENRES 1 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
Verán de 1943. Nun lugar da Francia ocupada, non lonxe da fronteira con España, vive un retirado e famoso escultor que se sinte hastiado da vida e da tolemia dos homes. Xa nada é capaz de animalo, de servirlle de estímulo.
Porén, coa chegada dunha rapaza española fuxida dun campo de refuxiados e que lle servirá de musa, renace nel o desexo de voltar a traballar e esculpir a súa derradeira obra.

                                              
                                                                              FICHA

Dirección: Fernando Trueba
Guión: Fernando Trueba e Jean-Claude Carrière
Producción: Cristina Huete
Dirección de Fotografía: Daniel Vilar
Deseño de Producción: Pilar Revuelta
Montaxe: Marta Velasco


TECNICA

Título orixinal: L’artiste e son Modèle
Duración: 104’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
               
        FICHA  ARTÍSTICA
               
                Jean Rochefort
                Aida Folch
             Claudia Cardinale
                Götz Otto
                Chus Lampreave
                Christian Sinninger
                Martin Gamet
                Mateo Deluz


Galardóns
Festival de San Sebastián 2012: Mellor Director

O director, Fernando Trueba (Madrid, España, 1955)
Fernando Trueba estudiou Imaxen na Facultad de Ciencias de la Información, e comezou coma crítico de cine no periódico 'El País' e para 'La Guía del Ocio’. Mesmo fundou o xormal "Casablanca".
Tras varias curtas, debuta no mundo da longametraxe  con Ópera prima (1980), seguindo a estela da comedia madrileña, na que se englobaría ata o éxito internacional de Belle Epoque (1992), coa que gañou o Oscar á Mellor Película de Fala non Inglesa.


Reclamado por Hollywood, roda Two Much (1995) pero volta a España para seguir coa súa carreira con éxitos coma La niña de tus ojos (1998), Calle 54 (2000) ou El embrujo de Shanghai (2002).

CRÍTICAS
“Nótanse as influencias das que bebe Trueba (o realismo poético francés ou Renoir), pero o resultado é inequívocamente persoal” (Sergi Sánchez, La Razón)
“Trueba filma unha das súas obras mais persoais e lúcidas (…) Todo se antolla perfectamente medido, controlado, libre de xestos ou pausas mortas” (Luis Martínez, El Mundo)
“Unha reflexión chea de arte sobre o arte (…) Película a contracorrente, profunda, escrita con mimo” (Carlos Boyero, El Pais)




jueves, 24 de enero de 2013

Filmes Febreiro

MES DO CINE ESPAÑOL

El Artista y la Modelo (Venres 1)
Todos los públicos
2012
Dirixida por Fernando Trueba
Reparto: Jean Rochefort, Aida Folch, Claudia Cardinale, Chus Lampreave, Götz Otto, Christian Sinniger


Grupo 7 (Venres 8)
NRM - 16 anos
2012
Dirixida por Alberto Rodríguez
Reparto: Antonio de la Torre, Mario Casas, Joaquín Nuñez, José Manuel Poga, Inma Cuesta, Estefanía de los Santos,


Operación E (Venres 15)
NRM - 12 anos
2012
Dirixida por Miguel Courtois
Reparto: Luis Tosar, Martina García, Gilberto Ramirez


Todo es Silencio (Venres 22)
NRM - 12 anos
2012
Dirixida por Jose Luis Cuerda
Reparto: Quim Gutierrez, Miguel Angel Silvestre, Celia Freijeiro, Juan Diego, Xoque Carvajal, Axel Fernandez, 

lunes, 21 de enero de 2013

Película 25 de xaneiro: ARGO

ARGO
(Non recomendada para menores de 7 anos)
VENRES 25 de XANEIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE

O 4 de novembro de 1979, mentres a revolución irana alcanzaba seu punto álxido, algúns militantes irromperon na embaixada dos Estados Unidos en Teherán tomando 52 reféns. Na metade do caos, 6 deles logran escapar e refuxiarse na casa do embaixador do Canadá.
Sabendo que só é cuestión de tempo que os atopen, os gobernos canadense e americano solicitan á CIA que interveña. Así, recorren ao especialista Tony Mendez, que traza un plan tan inverosímil  que só podería saír ben nunha película…

                                              
                                                                              FICHA

Dirección: Ben Affleck
Guión: Chris Terrio, segundo unha selección de The Master of Disguise, de Antonio Mendez e o artigo da revista Wired, The Great Escape de Joshua Bearman
Producción: Grant Heslow, Ben Affleck e George Clooney
Dirección de Fotografía: Rodrigo Prieto
Deseño de Producción: Sharon Seymour
Montaxe: William Goldenberg
Música: Alexandre Desplat

TECNICA

Título orixinal: Argo
Duración: 120’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Ben Affleck
                Bryan Cranston
                Alan Arkin
                John Goodman
                Victor Garber
                Tate Donovan
                Clea DuVall
                Scott McNairy
               
               




Galardóns:
Globos de Oro: Mellor Película e  Mellor Director



O director, Ben Affleck (Berkeley, California, EEUU, 1972)



Comezou actuando xa dende moi neno, no ano 1984, na miniserie The Voyage of the Mimi. Tamén desa época ven a súa amizade co actor Matt Damon. Ambos facían pequenos papeis en series ou películas para a TV. O seu salto xa á gran pantalla é Movida del 76 (1993), que lle permite entrar no circuíto independente, onde protagoniza dúas longametraxes de Kevin Smith: Mallrats (1995) e Persiguiendo a Amy (1997).
Porén, o seu verdadeiro salta á fama chega co oscar ao mellor guión por El indomable Will Hunting (1997), co-escrito xunto con Matt Damon, convertendo a dous actores semidescoñecidos en estrelas.
Ben Affleck continúa coa sua exitosa carreira coma actor, pero no ano 2007 debuta na dirección de longametraxes con Adios, pequeña, adios (da que tamén escribe o guión) con gran éxito de crítica. The Town, ciudad de ladrones (2010) sería a súa seguinte película ata Argo (2012).

CRÍTICAS

Funciona coma un reloxo suízo (…) Affleck dirixe as secuencias de acción con man firme e gradúa a tensión do clímax coma o Hitchcock de Cortina Rasgada” (Sergi Sánchez, La Razón)
“Un thriller eficaz sobre a liberación dos reféns; unha comedia brillante ó redor de Hollywood e os seus delirios de antes” (Luis Martínez, El Mundo)
“Coma film de intriga, funciona con gran precisión. Apartadas as atmosferas antes que os feitos, Affleck entrégase ó pracer de narrar por narrar, especialmente na súa espléndida media hora final” (Quim Casas, Dirigido por…)

martes, 15 de enero de 2013

EN LA CASA
(Non recomendada para menores de 12 anos)
VENRES 18 de XANEIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 Un profesor de literatura francesa, desalentado e hastiado polas insulsas e torpes relacións cos seus novos alumnos, descobre entusiasmado que o rapaz que senta ao fondo da clase amosa nos seus traballos un agudo e sutil sentido da observación.
Este mozo, que se sinte estrañamente fascinado pola familia dun dos seus compañeiros, escribirá, animado polo profesor, unha especie de novela sobre esa familia (e tamén sobre o profesor), na que será difícil distinguir entre a realidade e a ficción.

                                              
                                                  FICHA

Dirección: François Ozon
Guión: François Ozon, segundo a novela de Juan Mayorga, El chico de la última fila.
Producción: Eric Altmeyer, Nicolas Altmeyer e Claudie Osssard
Dirección de Fotografía: Jérôme Alméras
Deseño de Producción: Pascal Leguellec
Montaxe: Laure Gardette
Música: Phillippe Rombi

TECNICA

Título orixinal: Dans la maison
Duración: 105’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Fabrice Luchini
                Ernst Umhauer
       Kristin Scott-Thomas
  Emmanuelle Seigner
                Diana Stewart
                Denis Ménochet
                Fabrice Colson
                Bastien Ughetto
               
               
Consulta o trailer do filme na seguinte ligazón (imposible insertar no blog):  


Galardóns:
·   Festival de San Sebastián: Concha de Oro á Mellor Película e Mellor Guión
·   Festival de Toronto: Premio FRIPESCI

O director, François Ozon (París, Francia, 1967)

Diplomado en estudios cinematográficos, entrou en 1990 en La Fémis (Escola de Cine de París) na área de realización.
Dende entón comezou  realizar numerosas películas en súper 8, vídeo, 16 e 35 mm. Moitas das súas curtametraxes foron seleccionadas en festivais internacionais. Debutou no mundo da longametraxe con Sitcom (1998), presentada na sección oficial do festival de Cannes. A esta seguiron outras películas coma 8 mujeres (2001), La piscina (2003) ou El refugio (2010). As súas obras soen caracterizarse por un humor enxeñoso e satírico, e un peculiar punto de vista sobre a sexualidade humana.



CRÍTICAS
Unha película misteriosa e excelente (…) Ozon crea unha apaixonante tela de araña, coroada cun final en estado de gracia. Todo resulta hipnótico e perturbador” (Carlos Boyero, El País)
“Ozon imparte unha verdadeira clase maxistral sobre a construcción do relato (…)convertendo ese complexo exercicio de metaficción nunha novela de misterio case clásica” (Sergi Sánchez, La Razón)

E a vindeira semana: ARGO


lunes, 7 de enero de 2013

EL PROFESOR (DETACHMENT)
Sábado 12 de XANEIRO de 2013
(É en sabado por mor da gala do deporte que se celebra o venres)
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Henry Bathes é un profesor que posúe un auténtico don para conectar cos alumnos, pero prefire ignorar o seu talento. Ó traballar coma profesor sustituto, nunca permanece bastante tempo nun instituto como para manter unha relación afectiva cos alumnos ou compañeiros.
Cando chega a un instituto onde unha frustrada administración conseguiu volver completamente apáticos ós adolescentes, Henry non tarda en converterse nun exemplo para os alumnos, e incluso para os outros profesores. Especialmente para unha rapaza á que recolle da rúa.
Por fin Henry decátase de que non está só na súa busca desesperada da beleza neste mundo aparentemente falto de amor e cheo de maldade.

                                              
                                                                              FICHA

Dirección: Tony Kaye
Guión: Carl Lund
Producción: Bingo Gubeimann, Benji Kohn, Greg Shapiro, Chris Papavasiliou e Austin Stark
Dirección de Fotografía: Tony Kaye
Deseño de Producción: Jade Healy
Montaxe: Barry Alexander Brown e Geoffrey Richman
Música: The Newton Brothers

TECNICA

Título orixinal: Detachment
Duración: 97’
Ano: 2011
País: EEUU
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Adrien Brody
                Christina Hendricks
                Marcia Gay Harden
                James Caan
                Lucy Liu
                Bryan Cranston
                Blythe Danner
                William Petersen
                Tim Blake Nelson
Canción da película "El profesor": "Empty" por Ray Lamontagne
 O director, Tony Kaye (Londres, Inglaterra, 1952)

Tony Kaye é un director británico de cine, videoclips, anuncios e documentais. Kaye foi nominado seis veces aos premios Grammy coma director, gañando un en 2006 por un vídeo de Johnny Cash, God’s gonna cut you down.
O seu debut coma director de cine foi American History X (1998), un drama sobre o racismo, protagonizada por Edward Norton,  que recibiu unha nominación como mellor actor por ela. Outra das súas obras destacadas é Lake of Fire (2006), un documental sobre o aborto nos Estados Unidos,que lle levou 18 anos completala.
Kaye tamén realiza a fotografía dos seus traballos.



E a vindeira semana: En la casa (François Ozon, 2012)


sábado, 5 de enero de 2013

Filmes Xaneiro 2013 (modificada)

VENRES 11 SÁBADO 12 - EL PROFESOR - Non recomendada para menores de 16 anos




VENRES 18 de Xaneiro - EN LA CASA - Non recomendada para menores de 12 anos
http://www.youtube.com/watch?v=MD1kCn5KmYQ (Tráiler en español)
http://www.youtube.com/watch?v=O1zcbybftIQ (Tráiler subtitulado en español)
(Imposible insertar o tráiler no blog)

VENRES 25 de xaneiro - ARGO Non recomendada para menores de 7 anos



martes, 1 de enero de 2013

EL LADRÓN DE PALABRAS (VENRES 4 DE XANEIRO)


El Ladrón de Palabras

EL LADRÓN DE PALABRAS
venres 4 de XANEIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 Un escritor de éxito le a súa nova novela diante dunha 
multitude de entregados admiradores. Nela nárrase a 
historia dun escritor fracasado que ten a fortuna  de 
atopar un manuscrito. Publícao coma seu e obtén un 
éxito espectacular que o converte nun dos mellores 
escritores do seu tempo.

O autor do manuscrito resulta ser un ancián que o 
escribiu durante a súa xuventude, cando estivo 
destinado en París trala 2ª Guerra Mundial, época na 
topou ó amor da súa vida.

                                              
                                                                              FICHA
Dirección: Brian Klugman e Lee Sternthal

Guión: Brian Klugman e Lee Sternthal

Producción: Michael Benatoya, Tatiana Kelly e Jim 
Young

Dirección de Fotografía: Antonio Calvache

Deseño de Producción: Michele Laliberte

Montaxe: Leslie Jones

Música: Marcelo Zarvos

TECNICA

Título orixinal: The Words

Duración: 96’

Ano: 2012

País: EEUU

Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Bradley Cooper
                Zoe Saldana
                Jeremy Irons
                Dennis Quaid
                Olivia Wilde
                J. K. Simmons
                Ben Barnes
                Zeljko Ivanek
               


Os directores, Brian Klugman (Pensilvania, EEUU, 1975)
e Lee Sternthal (Pensilvania, EEUU, 1974)


Brian Klugman y Lee Sternthal naceron e criáronse en Filadelfia (Pensilvania). Son amigos dende os 11 anos, e levan mais dunha década traballando xuntos.

"El ladrón de palabras" constitúe o seu retorno a Sundance, xa que a película foi un proxecto xurdido do Instituto de Jóvenes Creadores no ano 2000.

Tamén é o seu debut como directores, tendo trabajado en Hollywood en diversas producións coma Tron: Legacy, da que desenvolveron o argumento. 

Na actualidade están a traballar no guión adaptado do cómic Rex Mundi, para a produtora de Johnny Depp, Infinitum Nihil, y Warner Brothers

CRÍTICAS ESPECTADORES


CRÍTICAS DE CRÍTICOS


“Un ambicioso xogo de caixas chinas (…) que esconde unha paradoxa no seu centro. O mellor: a fluidez entre os seus niveis narrativos” (Jordi Costa Fotogramas).

Os directores tratan (…) de englobar o fenómeno da creación literaria a partir de contrapoñer tres tipoloxías de autores: o escritor que goza de recoñecemento, o novo con aspiracións a selo pero de dubidoso talento e aquel que sen vocación consegue unha obra mestra” (Carlos Tejeda, Dirigido por…)


Si che gustou,  recomendámosche tamén:  Barton Fink (Joel & Ethan Coen, 1991) ou Ruby Sparks (Jonathan 
Dayton e Valerie Faris, 2012)


F  E para o próximo venres: 

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años