domingo, 22 de septiembre de 2013

LAURENCE ANYWAYS

LAURENCE ANYWAYS
160 MINUTOS
NRM - 12 anos
VENRES 18 DE OUTUBRO
20:00 (ESPAÑOL) (VOSE) E 23:00 (VOSE)
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES 
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO 



SINOPSE
Laurence Alia é un profesor de inglés cun traballo estable e unha sólida relación coa súa noiva.  
Pero no día do seu 30 aniversario decide contarlles aos seus amigos e seres mais queridos os seus plans para cambiarse de sexo. Así, o seguinte curso, Laurence dará clases coma unha muller, enfrontándose ao peso do estigma social, do rexeite familiar e da incompatibilidade da súa parella.

 


FICHA

Dirección: Xavier Dolan
Guión: Xavier Dolan
Producción: Charles Gillbert, Nathanaël Karmitz e Lyse Lanfontaine
Dirección de Fotografía: Yves Bélanger
Deseño de Producción: Colombe Raby
Montaxe: Xavier Dolan
Música: Noia


 TÉCNICA

Título orixinal: Laurence Anyways
Duración: 160’
Ano: 2012
País: Canadá
Idioma: Español e VOSE
FICHA  ARTÍSTICA
               
Melvil Poupaud
Suzanne Clément
Nathalie Baye
Monia Cokri
Yves Jacques
Catherine Bégin
Sophie Faucher
Guylaine Trembla

Galardóns:
·   Festival Internacional de Toronto: Mellor Película Canadense
·   Premios Lumiere: Mellor Película Francófona

O director, Xavier Dolan (Quebec, Canadá, 1989)

Actor, produtor, guionista, montador e director canadense, fillo do cantante quebequés de orixe exipcio Manuel Tadros.

Escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe, J’ai tué ma mère (2009) con 20 anos, pola que obtivo 3 premios no Festival  de Cannes. Dixo ter escrito o guión aos 16 anos, segundo as súas propias vivencias, mesturándoas con fantasías.

Co seu segundo film, Les amours imaginaires (2010) volveu gañar en Cannes o premio Miradas Novas.

A pesar da súa xuventude, estamos ante un realizador cunha estética propia e recoñecible (visualmente expresionista e coidada) e una dimensión reivindicativa e política.




Críticas

“A través da homosexualidade como definición externa da personalidade e da esencia individual, do que realmente fala o realizador é do amor” (Aurélien Le Genissel, dirigido por…)

“Película apabullante en duración, en intensidade dramática e tan rebordante  de expresividade (…) unha historia de amor homérica, grandiosa” (Antonio Weinrichter, ABC)

“Excesiva, tola, mutante e asombrosamente libre (…) como extravagancia que é, o film fai da heteroxeneidade o seu propio saio, combinando texturas, linguaxes (visuais, dramáticos e de montaxe) e miradas con indiscriminada vontade de digresión” (Fausto Fernández,  Fotogramas)

https://www.filmin.es/blog/cronicas-cannes-2012-laurence-anywayspero-siempre-dolan

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años