martes, 26 de febrero de 2013

Montaxe Audiovisual do Colectivo Violeta: Noite de Ronda

Este venres 1 de marzo antes de cada unha das proxeccións de "Marieke"  visionarase unha montaxe audiovisual, con fotos do Colectivo Violeta, de Ourense, no que participan varias mulleres fotógrafas, e con texto dunha poeta, Belén de Andrade. Dura 22 minutos e ámbalas proxeccións contarán cunha breve presentación . A actividade enmárcase dentro dun conxunto de actividades para celebrar o día da muller  traballadora, que é o día 8.


lunes, 25 de febrero de 2013

Película 1 de Marzo: Marieke

MARIEKE
(nrm - 16 ANOS)
VENRES 1 de MARZOde 2013
20:00 (Español) (VOSE) e 23:00 (VOSE)
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE

Marieke é unha rapaza de 20 anos que busca nos brazos dos homes maiores a figura dun pai que morreu prematuramente e en estrañas circunstancias. Vive coa súa nai, unha muller que non sabe como amar, fría e distante dende a morte do marido.
Durante o día, Marieke traballa nunha fábrica de chocolate; pola noite ten aventuras con homes maiores. Nos seus brazos atopa momentos curtos e a memoria do seu pai desaparecido.
A chegada de Jacoby, un editor de libros na busca
do derradeiro manuscrito de seu pai,
trastorna o precario equilibrio da rapaza.

FICHA

Dirección: Sophie Schoukens
Guión: Sophie Schoukens
Producción: Jan Roekens, Sophie Schoukens, Thanassis Karathanos e Karl Baumgartne
Dirección de Fotografía: Alain Marcoen
Deseño de Producción: Tomas Král
Montaxe: Peter Woditsch
Música: Jef Mercelis


TECNICA

Título orixinal: Marieke, Marieke
Duración: 85’
Ano: 2010
País: Bélxica-Alemania
Idioma: VOSE
               FICHA  ARTÍSTICA
               
Hande Kodja
Jan Decleir
Barbara Sarafian
Caroline Berliner
Pauline Haughness
Philippe van Kessel
Bernard Graczyk
Michel Israel
Karim Barras


A directora, Sophie Schoukens (Bruselas, Bélxica)

Sophie Schoukens estudiou Historia e ten un Máster en Ciencias da Comunicación e Cine. Comezou a súa carreira coma actriz en Nova York, asistindo ao mesmo tempo as clases de guión de Frank Daniel, en Columbia. Tras retornar a Europa traballa durante 5 anos no Programa MEDIA da Comisión Europea, chegando a ser a súa encargada.
En 2007 abandona o programa para converterse en directora. Xa rodara unha curtametraxe en 2005, Aliceo la vida en blanco y negro, coa que gañara diversos premios en festivais inbternacionais.
Marieke é o seu debut no mundo das longametraxes, conseguindo ser seleccionada para a sección oficial do Festival de San Sebastián.

Críticas

Conmovedora e poderosa… chea de sorpresas que te levan a ver as cousas dunha maneira completamente diferente” (Carine Adler)
“Unha película fermosa e unha marabillosa actriz” (Dorein van de Pas)
“A pesar da súa dureza, este film non deixa de transmitir certa poesía” (Nuria Vidal, Fotogramas)

F  <!--[endif]-->E a próxima semana: Tabú (Miguel Gomes, 2012)


Ademais, antes de cada sesión, proxectaremos unha montaxe audiovisual do Colectivo Violeta de Ourense cunha duración de 22 minutos.

sábado, 23 de febrero de 2013

Películas Marzo!

MARIEKE (Venres 1 de marzo)

20:00 (Español) (VOSE) e 23:00 (VOSE)
NRM - 16 anos
2010
Dirixida por Sophie Schoukens
Reparto: HAnde Kodja, JAn Decleier, Barbara Sarafain, Caroline Berlinerm
Duración: 85'




TABÚ (Venres 8 de marzo)
20:00 (Español) (VOSE)e 23:00 (VOSE)
NRM - 12 anos
2012
Dirixida por Miguel Gomes
Reparto: Teresa Madruga, Laura Soveral, Ana Moreira, Carlotto Cotto, Henrique Espiríto Santo
Duración: 118'



Blancanieves (Venres 15 de marzo)
20:00 e 23:00
Tódolos públicos
2012
Dirixida por Pablo Berger
Reparto: Maribel Verdú, Macarena García, Sofía Oria, Daniel Gímenez Cacho, Ángela Molina
Duración: 90'


HERMANOS DE SANGRE (Venres 22 de marzo)
20:00 e 23:00 (Ambas en VOSE)
Non está estreada nin distribuida en España, polo que non hai ten calificación de idades.
2012
Dirixida por Arno Dierickx
Reparto: Erik van Heijningen, Matthijs van de Sande Bakhuvzen, Derk Stenvers, Sander van Amsterdam
Duración: 90'
Tráiler non dispoñible en español nin en VOSE
Sinopse: É un caluroso verán. Simon (Erik van Heijningen) de 16 anos, pasa os seus días cos irmáns inmensamente ricos: Arnout (Matthijs van de Sande Bakhuyzen) e Victor van Riebeeck (Derk Stenvers) na súa luxosa residencia. Os xoves entreteñense xogando ó tenis, escoitando música e andando con a fermosa moza de Arnout, Frederique. Mentras tanto, no ático da mansión, manteñen ó seu amigo Ronnie escondido.
Ronnie é un criminal menor que está fuxindo da policía e, por isto, os xoves ofrécenlle un refuxio sen que os seus pais nin o persoal da mansión se dean de conta de nada, ata que Ronnie se volve unha carga e comeza a chantaxealos.

O VENRES 29 NON HAI PROXECCIÓNS POR MOR DA SEMANA SANTA.

jueves, 21 de febrero de 2013

Estrazarte

Antes das proxeccións de "Todo es Silencio" das 20:00 e 23:00 deste venres 22 de febreiro teredes a ocasión de ver a curtametraxe Estrazarte . Ten unha duración de 20 minutos


lunes, 18 de febrero de 2013

Filme 22 de febreiro: Todo Es Silencio

TODO ES SILENCIO
(nrm - 12 ANOS)
VENRES 22 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE

Anos 70.  En Noitía, un pobo da costa atlántica galega, viven Fins e Brinco, dous adolescentes que manteñen unha rivalidade amistosa no medio da que se topa Leda, unha rapaza algo maior que eles.


Leda elixe a Fins, pero a súa relación rómpese bruscamente cando éste se vai do pobo trala morte do seu pai.
Cando vinte anos despois Fins volve convertido en policía comproba que todo mudou en Noitía: o tradicional contrabando de tabaco converteuse en narcotráfico baixo o control do cacique local, que ten a Brinco como man dereita, e Leda ten un fillo do propio Brinco.

Fins someteraos a unha vixilancia na que se mesturarán o deber coas antigos sentimentos.
                                                                          FICHA

Dirección: José Luis Cuerda
Guión: Manuel Rivas, segundo a súa novela
Producción: Gerardo Herrero e Antonio Saura
Dirección de Fotografía: Hans Burmann
Deseño de Producción: Félix Murcia
Montaxe: Nacho Ruiz Capillas
Música: Sergio Moure
TÉCNICA

Título orixinal: Todo es silencio
Duración: 116’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
        FICHA  ARTÍSTICA
               
                Quim Gutiérrez
     Miguel Ángel Silvestre
                Celia Freijeiro
                Juan Diego
                Carolina Cao
                Chete Lera
                Axel Fernández
                Xoque Carvajal
                Sergio González



O director, José Luis Cuerda (Albacete, España, 1947)

Comeza a estudar Dereito, pero déixao despois de tres anos e convértese en técnico de radiodifusión e televisión. En1969 entra a traballar en Televisión Española, realizando reportaxes e documentais para os servicios informativos (durante cinco anos realiza mais de 500). Entre 1985 y 1987 traballa como profesor na facultade de Bellas Artes da Universidade de Salamanca.



Despois de diversas curtametraxes en 1982 dirixe a súa primeira longametraxe, Pares y nones, coa que cultiva a chamada "comedia madrileña".
Coa súa seguinte película, El bosque animado (1987), inaugura unha nova etapa carac­terizada polo "humor absurdo". Un ano despois parece o traballo que o consagra coma realizador:  Amanece, que no es poco (1988). Con Así en el cielo como en la tierra (1995) completa unha especie de triloxía. A estas seguiría La lengua de las mariposas (1999).
Tamén destaca no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo en varios dos seus filmes e en tres películas de Alejandro Amenábar (Tesis, Abre los ojos Los otros); ademais de ser o guionista da maioría das súas produccións tras as cámaras.

CRÍTICAS

O realismo poético devén en thriller resolto de maneira eficaz” (Sergio F. Pinilla, Cinemanía)
“É tanto unha película sobre os negocios do contrabando en dúas épocas distintas, (…) coma una drama sobre unhas relacións do pasado que se evaporan na distancia e son imposibles de recuperar no presente” (Quim Casas, Dirigido por…)


lunes, 11 de febrero de 2013

15 de Febreiro: OPERACIÓN E


OPERACIÓN E
(nrm 12 anos)
VENRES 15 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 Unha muller secuestrada polas FARC da a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a guerrilla arrebátalle o neno e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que sobrevive na xungla coa súa muller, cinco fillos e un sogro curandeiro. Deberá facerse cargo do neno, baixo ameaza de morte.
O pequeno está gravemente enfermo, pero Crisanto e os seus están dispostos a todo por salvalo.


FICHA

Dirección: Miguel Courtois
Guión: Antonio Onetti
Producción: Cristina Zumárraga, Marisa Castelo, Farruco Castromán, Luis Tosar e Ariel Zeïtoun
Dirección de Fotografía: Josu Incháustegui
Deseño de Producción: Gonzalo Martínez
Montaxe: Jean-Paul Husson
Música: Thierry Westermeyer

TECNICA

Título orixinal: Operación E
Duración: 108’
Ano: 2012
País: España-Francia
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Luis Tosar
                Martina García
                Gilberto Ramírez
               



O director, Miguel Courtois (París, Francia, 1960)

Miguel Courtois-Paternina nace en París en 1960, de pai francés e nai española. Foi primeiro profesor de filosofía, pero en 1982 empeza coma fotógrafo de moda e chega a ser un gran reporteiro para a axencia de prensa Sygma.
Comeza a súa carreira como director coa estrea de Un reportero bajo sospecha (1988). Dende entón, traballa para o cine e a televisión francesa realizando e creando numerosas películas e series como La Crim' (1999) e Le Lycée (2000), que recibirá o premio de mellor serie no Festival de Saint-Tropez .
Dirixe a súa primeira longametraxe española, El Lobo, en 2004, protagonizada por Eduardo Noriega e Patrick Bruel . Recibiu dous Goya e numerosos outros premios internacionais.
Seguirá traballando en España coa película GAL en 2006, e o documental 11-M, historia de un atentado en 2005. En 2010  roda un telefilm en parte en Kaboul, tratando del conflicto afghano: Le piège afghan con Marie-Jose Croze e Samuel Le Bihan.

CRÍTICAS
Cun Tosar noutro dos seus espectaculares traballos de composición, a película decide non formular a pregunta de si quere ser ou non un película política” (Jordi Costa, El País)
“Con excelente ritmo, suspense e rigorosa análise periodística, este documento desclasificado (…) non decae en ningún momento” (Fausto Fernández, Fotogramas)
“Luis Tosar borda un personaxe difícil (…) e arrástrao ata un nivel que resulta no só verosímil senón por momentos emocionante” (Carlos Marañón, Cinemanía)


miércoles, 6 de febrero de 2013

Curtametraxe 8 de febreiro: Friendsheep


Antes das proxeccións de GRUPO 7 das 20:00 e 23:00 deste venres 8 de febreiro teredes a ocasión de ver a curtametraxe Friendsheep. É unha curtametraxe realizada na súa totalidade polos alumnos de PrimerFrame (http://www.primerframe.com), promoción de marzo de 2010.


Os creadores desta curtametraxe son:
Enrique F. Brull -- Rigging
Manuel Perez -- Efectos Especiales
Antonio Lasala -- Supervisor de Iluminacion y 3DFX
Juan De Dios Molina -- Rigging
Julián Antonio Lucas -- Animación / Diseño y Modelado de Personajes
Olga Agudo -- Iluminación / PostProducción
Antonio Alvarez -- Iluminación / Composición
Adolfo Aliaga -- Animación
Jose Manuel Moralo -- Animación
Samuel Rebull -- Animación
Carolina Martorell -- Modelado / Texturizado de Personajes
Laura Righetti -- Animación / Producción
Lorenzo Manuel -- Edición / Iluminación
Joan Gomar -- Animación
Katixa Pons -- Animación
Andrea Varriale -- Animación / Iluminación
Jordi Alonso -- Animación / Modelado
-
Jaime Maestro -- Director
Carlos Escutia -- Productor Ejecutivo
Ana Amat - Supervisora de Iluminación
Eduardo Olidén - Supervisor de Animación
Rubén Soler -- Coordinador de guión

Teaser Trailer de FriendSheep,

martes, 5 de febrero de 2013

GRUPO 7


GRUPO 7
(nrm 12 anos)
VENRES 8 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE

Ángel, un rapaz intelixente e bondadoso, aspira a ser inspector de policía.
Rafael, porén, é un policía expeditivo, contundente e arrogante.
Xunto con Miguel e Mateo forman o Grupo 7, un conxunto de policías sen escrúpulos, dispostos a todo con tal de lograr os seus obxectivos; a súa forma de operar: violencia, coacción, mentiras… todo vale.


                                              
                                          FICHA

Dirección: Alberto Rodríguez
Guión: Rafael Cobos
Producción: José Antonio Félez e Gervasio Iglesias
Dirección de Fotografía: Álex Catalán
Deseño de Producción: Pepe Domínguez
Montaxe: José M. G. Moyano
Música: Julio de la Rosa


TECNICA

Título orixinal: Grupo 7
Duración: 95’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
               
         FICHA  ARTÍSTICA
               
     Antonio de la Torre
     Mario Casas
     Inma Cuesta
     José Manuel Poga
     Joaquín Núñez
     Julián Villagrán
     Estefanía de los Santos
     Alfonso Sánchez




O director, Alberto Rodríguez (Sevilla, España, 1971)

Tras codirixir xunto a Santi Amodeo  El Factor Pilgrim (2002), Alberto Rodríguez participou no Festival de Berlín coa súa primeira longametraxe en solitario: El Traje (2002).
Con 7 Vírgenes (2005), consolidouse coma un dos novos directores mais interesantes do panorama español. Participou e gañou no  Festival de Cine de San Sebastián, onde acadou  a Concha de Plata e o éxito confirmábase con seis nominacións nos premios Goya, incluíndo  Mellor Director e Mellor Guión Orixinal. Tamén conseguiu o prestixioso premio La Navaja de Buñuel e participou non só nos festivais españois mais relevantes, senón tamén en recoñecidos festivais internacionais coma o Festival Internacional de Cine de Toronto.




CRÍTICAS

O director manexa con gran precisión a característica diferencial do xénero: a ambigua e difusa fronteira que soe separar o ben do mal” (Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
“Rodríguez consegue saír airoso grazas a unha sólida descrición de ambientes e personaxes marxinais, ademais dun toque crítico cara a institución moito mais áspero do habitual” (M. Torreiro, Fotogramas)
“Unha das mellores películas españolas que vin en moito tempo” (Carlos Boyero, El Pais)



E para a semana OPERACIÓN E

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años