martes, 31 de julio de 2012

CIMA + XOCIVIGA 2012


O ECO DAS NOSAS ACTIVIDADES NA ASOCIACION CIMA


Aproveitando a intevención de Anna Amorós Pons
(Profesora Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Universidade de Vigo)
na Conferencia titulada " A muller na cinematografía galega. Evolución e situación" que terá o día 4 de Agosto as 12 horas na Casa da Cultura.

CIMA, gracias a intermediación da Anna Amorós Pons, faise eco das nosas actividades e as está a promocionar na sua páxina Web, como ben podedes observar na seguinte ligazón.

Moitas gracias pola vosa cooperación.
Unha aperta moi grande compañeiras!

ACTIVIDADES PARALELAS AS PROXECCIÓNS DE CINE

ACTIVIDADES PARALELAS AS PROXECCIÓNS DE CINE



A parte das proxeccións xa establecidas e que se poden consultar na seguinte ligazón (http://cineclubecarballino.blogspot.com.es/2012/07/horario-e-datas-das-xociviga-2012.html).

Nestas XOCIVIGA 2012 vanse levar a cabo as seguintes actividades paralelas para que tódalas persoas poidan asistir a elas entre os días 3 e 7 de Agosto.


CONFERENCIA: A MULLER NA CINEMATOGRAFÍA GALEGA
(EVOLUCIÓN E SITUACIÓN)


Anna Amorós Pons


Aproveitando o ciclo sobre cine feito por mulleres que se inclúen nas Xociviga 2012. A organización (Cineclube Carballiño e o Concello de O Carballiño) teñen a honra de presentar esta conferencia presidida por Anna Amorós Pons, Profesora Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Universidade de Vigo (UdV).

Dita conferencia terá lugar o sábado día 4 ás 12:00 horas na Casa da Cultura.

EXPOSICIÓN: OS ADEUSES


No Auditorio Municipal poderase contemplar o conxunto de fotografías realizadas por Alberto Martí, fotógrafo de A Coruña, sobre a emigración galega ó longo da súa historia.
Páxinas que versan sobre a exposición

(Sobre a exposición)


(Entrevista a Alberto Martí)

Exposición Camiños de Paz


Na Casa da Cultura de O Carballiño poderemos gozar desta exposición organizada por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e por ACPP (Asamblea de Cooperación pola Paz) amosa o traballo das sociedades israleitas e palestinas que denuncian  en prol da paz entre estas dúas sociedades.



Páxinas que versan sobre a exposición


Exposición Lois Pereiro



Na Casa da Cultura teremos a exposición sobre o poeta galego Lois Pereiro que se puido ver no IES CHAMOSO LAMAS de O Carballiño durante este ano.

Unha forma máis de acercarse a este poeta, o cal se lle adicou o día das Letras Galegas este ano 2012.

PÁXINAS QUE VERSAN SOBRE A EXPOSICIÓN




viernes, 27 de julio de 2012

HORARIO E DATAS DAS XOCIVIGA 2012


HORARIOS DAS PROXECCIÓNS DAS XOCIVIGA 2012




LUGAR


As proxeccións terán lugar no Auditorio Municipal de O Carballiño e na Casa da Cultura de O Carballiño de O Carballiño. (facer click enriba dos nomes para saber como chegar os sitios).


As proxeccións terán lugar entre as 18:00 horas do venres 3 de Agosto de 2012 ata as 23:00 horas  do martes 7 de Agosto do 2012.


FORMATO


As proxeccións serán tanto en 35 mm como en DVD.


En 35 milímetros (todas no Auditorio): Martha Marcy May Marlene, ¿Y ahora a donde vamos?, Shame, Intocable, Ellas, L’Havre, Personal Movie, Los niños salvajes


En DVD: ElectroClass, Viaje al centro de la Tierra 2, The yellow sea, Los chicos están  bien, Fantástico Mr. Fox, Carta Urxente para Palestina (Documental), Esta es mi Tierra...Hebrón (Documental), Lois Pereiro: seguindo os surcos (Documental), Mi vecino Totoro, Crebinsky, Camino de Paz (Documental).


PREZO


O prezo das proxeccións no Auditorio Municipal será de 4€.


O prezo das proxeccións na Casa da Cultura será de 2€ (menor calidade da imaxe).


O prezo das entradas en  todas as sesións para as persoas que acrediten estar no paro será 1€uro. (Só poderán comprar unha entrada en cada sesión, é dicir, para eles mesmos.)


GRATIS


As seguintes actividades, marcadas cada unha cun asterisco nas taboas cos horarios, serán gratuítas para todos os públicos: Está es mi tierra...HEBRÓN, Stop Israel nuclear - Carta urxente por Palestina, Personal Movie, Caminos de Paz.

HORARIOS AUDITORIO MUNICIPAL





HORARIOS CASA DA CULTURA





* Entrada Gratuíta

BRASIL SOMOS NÓS (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)


BRASIL SOMOS NÓS


MÚSICA E EMIGRACIÓN

Congregación de culturas convínanse nunha atomosfera de perfección absoluta e tamén de gran importancia visual en canto sentimental. 

Unha experiencia única que merece a pena sentir fílmicamente.









SINOPSE

Carlos Núñez, un dos músicos galegos máis coñecidos en todo o mundo, emprendeu unha especie de viaxe iniciática polo Brasil en busca das pegadas do seu bisavó, o emigrante José María Núñez, que fora supostamente asasinado, segundo a lenda familiar. Alí descubriu non só que o seu antergo refixera a súa vida, senón que fora un músico de éxito. O seu percorrido permitíulle ademais afondar nas semellanzas musicais entre Galicia e Brasil que ata entón intuía.



PÁXINAS QUE VERSAN DE BRASIL SOMOS NÓS





FICHA TÉCNICA
País: España
Ano:2011
Duración: 69´ 
Escrito e dirixido por: Robert Bellsolà
Música: Kurko Núñez

martes, 24 de julio de 2012

HORARIOS CINE NA RUA (31 Xullo, 1 e 2 de Agosto)


CINE NA RÚA
(DATAS E HORARIO DEFINITIVOS)




CALCADE EN CADA POSTER PARA ACCEDER A ENTRADA DO BLOG PROPIA DE CADA PELÍCULA

STOP ISRAEL NUCLEAR + PELÍCULA URGENTE SOBRE PALESTINA (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

STOP ISRAEL NUCLEAR + PELÍCULA URGENTE SOBRE PALESTINA



NON ÁS ARMAS

Presentación da campaña Stop Israel Nuclear. Na cal se pide a non proliferacion de armas nucleares en Israel co obxetivo de ter un Oriente Medio libre de armamento nuclear. Para máis información sobre este movemento que implica a varias nacións do planeta Terra podedes consultar a seguinte  páxina (http://stopisraelnuclear.org/?lang=GL). Na mesma páxina tamén podedes firmar dita solicitude (http://www.change.org/petitions/united-nations-security-council-stop-israel-s-nuclear-arsenal-the-real-threat-to-world-peace)
NATUREZA

¿Por que non nos paramos a pensar moitas veces que a natureza é o noso ben máis preciado?
As guerras inundan os campos e bosques máis frondosos convertindoós nun deserto no que nada crece e só hai desolación.
Digamos un SI en maiúsculas a un mundo sen armas que evoquen a destrucción de zonas de gran beleza e que nos inundan de alegría.
Digamos un NON tamén en maiúsculas a un mundo de ataques e de guerras.

DIGAMOS UN SI ABSOLUTO A VIVIR NUN MUNDO EN CONSONANCIA COA NATUREZA.

Pois é o máis importante que temos.


PELÍCULA URGENTE POR PALESTINA

Esta é umha película urgente
por Palestina,
desde Palestina.
Esta é umha película sem images
porque as images som incapaces de representar a história.

O cinema é mentira.
Esta é a image dumha mentira.
Israel é mentira,
a história é mentira.

Estas som images da história,
images do presente,
história das images.
A política é a história em estado presente.

Que foi da revoluçom palestina?
Isto nom é a descriçom dum combate:
isto é o combate.

Isto é um panfleto sobre o sofrimento cotiá,
esta é história do sofrimento histórico,
sem images,
sem palavras.

Isto é um panfleto pola autodeterminaçom,
polos direitos dos povos,
polo direito ao retorno.

Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.

Isto nom é umha película.

FICHA TÉCNICA

Título Orixinal: Película urgente por Palestina
País: Palestina - Galiza
Ano: 2011 - 2012
Duración: 14 minutos
Xénero: Documental social
Autor: COSAL - Galiza, Alberte Pagán
Rodaxe: Palestina (Agosto 2011)
Toma de son: Cris Lores

Locución galego: Dionisio Pereira

Traducción e locución árabe: Mohamed Safa

Locución español: Xan Torres

domingo, 22 de julio de 2012

O FANTÁSTICO SR. FOX (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)


FANTÁSTICO SEÑOR FOX


Contos

Os contos espertan sempre a imaxinación dos nenos e das nenas de maneira impresionante. As ensinanzas que posúen algunas historias son espectaculares e lúdicas na educación moral dos seres humanos. 

Esta fábula fílmica está realizada co método Stop Motion (famoso polas creacións de Tim Burton) achéganos un pouco máis a realidade que se nos presenta. 

Unha obra para ver en familia e para aprender os valores e dereitos humanos dende unha primeira idade.

SINOPSE

Un raposo chamado Fox vive coa súa muller e o seu fillo Ash idílicamente. Pero polas noites Fox adícase a roubar galiñas e patos nas granxas veciñas. Os granxeiros ao ver dita situación deciden dar caza ao noso protagonista para acabar cos roubos. Baseada no famoso libro para nenos e nenas de Roald Dahl.



CRÍTICIAS ESPECTADORES


CRÍTICAS INTERNET



CRÍTICAS PRENSA



FICHA TÉCNICA


Título Orixinal: Fantastic Mr. Fox
País: Estados Unidos
Ano: 2009
Duración: 87 minutos
Xénero: Animación/ Comedia
Dirección: Wes Anderson
Guión: Wes Anderson, Noah Baumbach
Música: Alexandre Desplat
Fotografía: Tristan Oliver
Interpretes: Animación

O MEU VECIÑO TOTORO (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

O MEU VECIÑO TOTORO



Infancia

Viaxamos mentalmente a esos días nos que xogar no parque e disfrutar dun xeado nun día de verán eran o máis importante na vida. Esa liberdade infinita que ten cada neno e cada nena é algo marabilloso. 

O poder da imaxinación é algo innato e reside moitas veces nos soños, nos cales somos os protagonistas do noso lugar ideal e imaxinario. 

Filme cheo de encanto e maxia, é unha experiencia visual fermosa e de gran contido sobre a vida e sobre esas tardes que nos definen, esas tardes que nunca se acaban. 




SINOPSE

Anos 50. Unha familia xaponesa trasládase ao campo. As dúas fillas, Satsuki e Mei, entablan amizade cunha criatura do bosque chamado Totoro. O pai é mestre de universidade e a súa nai está ingresada no hospital. 
Ambas nenas teñen moita imaxinación, potenciada polo seu pai. Un día, unha carta chega ao fogar da familia ...



CRÍTICIAS ESPECTADORES


CRÍTICAS INTERNET



CRÍTICAS PRENSA




FICHA TÉCNICA:
Título Orixinal: Tonari No Totoro
País: Xapón
Ano: 1988
Duración: 86 minutos
Xénero: Animación/ Fantástico
Dirección: Hayao Miyazaki
Guión: Hayao Miyazaki
Música: Jo Hisaishi
Fotografía: Animación
Interpretes: Animación

PERSONAL MOVIE (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

PERSONAL MOVIE



MOMENTOS DECISIVOS


"Pasado, presente e futuro están en xogo nunha profunda viaxe na que o protagonista atravesa o paraíso, afúndese non inferno e loita por escapar da volta ao mundo real."


Hai momentos na vida dunha persoa que deciden o seu futuro de xeito incondicional. Ó importante é saber cales son e facer todo o posible por controlar ese futuro.


SINOPSE

Manolo está a rodar a película das súas vacacións, na que a cámara convértese nun personaxe máis, entre festas e ligues, ata que un día de resaca no que non lembra nada do ocorrido na véspera, descobre os restos dun cadáver no seu barco. Entón chama ao seu pai, un policía ao que detesta, para que lle axude a saír do lio. Apoiándose nel e nunha moza inmigrante da que se namora, terá que descubrir ao culpable.

O protagonista verase envolto nunha trama de asasinatos e chantaxes, pero tamén deberá enfrontarse aos conflitos que lastran a relación có seu pai e ao crecente amor que sinte pola moza inmigrante, que podería converterse na muller da súa vida.

PÁXINAS QUE VERSAN DE PERSONAL MOVIE




FICHA TÉCNICA

Título Original Personal Movie
DURACIÓN:  ( De momento non temos datos sobre a duración desta película)
XÉNERO: Suspense
Director Héctor Carré
Guionista Héctor Carré
Fotografía Xan Carlos Gómez
Música Manuel Varela
Actores / Isabel Blanco / Chete Lera / Miguel de Lira / Yelena Molina / Víctor Mosqueira / Santi Romay/ Déborah Vukusic

O grupo de actores que conforman está película pode consultarse na paxina web da mesma, na que tamén aparece un breve resumo dos seus traballos anteriores.

VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA 2 (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA 2






AVENTURAS

Coñecer os máis fermosos lugares nun ambiente de autodescubrimento e de superación persoal é algo de gran importancia na vida dunha persoa.
Saber que capacidades temos para realizar distintos retos vivenciais é algo fundamental e cheo de maxia.

Enmarcado nuns efectos especiais, este filme é altamente recomendable para as familias, xa que está chea de humor, acción e de incríbles escenas con gran impacto visual.

SINOPSE

Sean (Hutcherson) recibe una llamada de socorro desde una misteriosa isla, que no aparece en los mapas. Se trata de un lugar con extrañas formas de vida. Sean emprenderá la búsqueda acompañado de su padrastro (Johnson), de un piloto de helicóptero (Guzman) y su hermosa y temperamental hija (Hudgens). Secuela de "Viaje al centro de la tierra 3D".

Sean (Hutcherson) recibe unha chamada de socorro dende unha misteriosa illa. Trátase dun lugar con extrañas formas de vida. Sean emprede a búsqueda acompañado do seu padastro (Johnson), dun piloto de helicóptero (Guzmán) e a sua temperamental filla (Hudgens). Secuela de "Viaxe o centro da terra 3D"

CRÍTICAS ESPECTADORES


CRÍTICAS INTERNET



CRÍTICAS PRENSA



FICHA TÉCNICA

Título Original Journey 2: The Misterious Island
DURACIÓN: 94minutos
XÉNERO: Aventuras, Cine Infantil
Director Brad Peyton
Guionista Mark Gunn e Brian Gunn
Fotografía David Tattersall

Música Harry Scott Andrew Lockington
Actores Josh Hutcherson, Dwayne Johnson, Michael Caine, Vanessa Hudgens, Luis Guzmán, Kristin Davis, Fileena Bahris, Michael Beasley, Stephen Caudill

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años