domingo, 22 de julio de 2012

PERSONAL MOVIE (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

PERSONAL MOVIE



MOMENTOS DECISIVOS


"Pasado, presente e futuro están en xogo nunha profunda viaxe na que o protagonista atravesa o paraíso, afúndese non inferno e loita por escapar da volta ao mundo real."


Hai momentos na vida dunha persoa que deciden o seu futuro de xeito incondicional. Ó importante é saber cales son e facer todo o posible por controlar ese futuro.


SINOPSE

Manolo está a rodar a película das súas vacacións, na que a cámara convértese nun personaxe máis, entre festas e ligues, ata que un día de resaca no que non lembra nada do ocorrido na véspera, descobre os restos dun cadáver no seu barco. Entón chama ao seu pai, un policía ao que detesta, para que lle axude a saír do lio. Apoiándose nel e nunha moza inmigrante da que se namora, terá que descubrir ao culpable.

O protagonista verase envolto nunha trama de asasinatos e chantaxes, pero tamén deberá enfrontarse aos conflitos que lastran a relación có seu pai e ao crecente amor que sinte pola moza inmigrante, que podería converterse na muller da súa vida.

PÁXINAS QUE VERSAN DE PERSONAL MOVIE




FICHA TÉCNICA

Título Original Personal Movie
DURACIÓN:  ( De momento non temos datos sobre a duración desta película)
XÉNERO: Suspense
Director Héctor Carré
Guionista Héctor Carré
Fotografía Xan Carlos Gómez
Música Manuel Varela
Actores / Isabel Blanco / Chete Lera / Miguel de Lira / Yelena Molina / Víctor Mosqueira / Santi Romay/ Déborah Vukusic

O grupo de actores que conforman está película pode consultarse na paxina web da mesma, na que tamén aparece un breve resumo dos seus traballos anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años