viernes, 20 de julio de 2012

ELAS (XOCIVIGA 2012) (3 - 7 AGOSTO)

ELAS


Fascinación, descubrimento e admiración. Como pode chegar a espertar un sentimento de tales magnitudes unha actividade tan cuestionada ao longo dos tempos como é a prostitución?  A resposta atópase neste apaixoante film no que se analizan moitos dos pequenos detalles que marcan a vida desas mulleres que se adican a esa profesión.

Un factor determinante atópase na sinxeleza das súas escenas e na vía directa (visualmente falando) na que nos chegan a nosa retina de espectadores e espectadoras activas.

Unha película para atopar a beleza nas pequenas cousas da vida.
                                                                                                                                                                                 


SINOPSE: 

Anne, unha periodista parisina, investiga a prostitución estudantil. Entrevístase con Alicia e Charlotte e descubre que, a pesar da súa vida que levan, seguen cos seus estudos e se desenvolven ben entre exames e facturas. Pouco a pouco o relato da experiencia cotiá destas rapazas chega a conmovela.
FICHA TÉCNICA: 

País: Francia
Ano: 2011
Duración: 96’
Xénero: Drama, Prostitución, Periodismo
Dirección: Malgorzata Szumowska
Guión: Malgorzata Szumowska
Tine Byrckel
Música: Pawel Mykietyn
Fotografía: Michal Englert
Intérpretes: Juliette Binoche, Anaïs Demoustier, Joanna Kulig, Krystyna Janda

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años