domingo, 22 de abril de 2012

CICLO DE CINE E MUSICA do venres 27 ao domingo 29: SINOPSES


Velaquí as sinopses dos filmes a proxectar esta fin de semana.
Agardámoste no Auditorio Municipal de Carballiño!

THE JAZZ SINGER (1927) en V.O.S.
Venres 27 e sábado 28 ás 20:00
Sinopse:
Primeira película sonora. O fillo dun cantor de sinagoga de Nova Iork múdase a Os Ánxeles na procura de 
fama e fortuna como músico tras ser descuberto polo seu pai cantando en bares. Varios anos despois, 

axudado por unha actriz, alcanza o éxito en Broadway.







CHICO & RITA (2010)
Sábado 28 ás 23:00 e domingo 29 ás 20:00
Sinopse:
Cuba. Finais dos 40. Chico & Rita. Comezo dunha historia de amor entre Chico, pianista namorado do jazz e unha moza, Rita, que soña con ser unha gran cantante. Desde unha noite que o destino os xunta en A Habana.





JAZZ EN LIBERDADE (2010)
Venres 27 ás 23:00 (coa presenza do director, Xes Chapela) e domingo 29 ás 19:00
Sinopse:
Trinta anos despois, o destino de músicos e amigos do pasado crúzase de novo. Será a primeira vez dende 
aqueles días que cambiaron para sempre as súas vidas, deixando na  memoria bos recordos e amizade. As cales se revisan dende a distancia do tempo. Amizade, xeracións e jazz mistúranse coa paisaxe proporcionada polo océano nunha pequena vila mariñeira. Todos cambiaron como se dunha canción de jazz se tratase.



NOSOTROS SOMOS ASI (1937)
Venres 27 e sábado 28 ás 19:00
Entrada libre
Sinopse:

Filme musical protagonizado por nenos. Alberto, o neno rico, faise amigo de nenos proletarios os cales 
axudarán a seu pai, pese ós desprezos deste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años